O BNG da Fonsagrada demanda o adecuado arranxo da estrada provincial A Fonsagrada-Ribeira de Piquín
As recentes obras LU-P-1906 que une os núcleos de Pedrafitelas (A Fonsagrada) cos Cangos (Ribeira de Piquín) que a Deputación de Lugo vén de acometer son boa mostra da falta de planificación na xestión dos recursos públicos por parte da área de Xestión Territorial. A suposta mellora acometida pola Deputación presenta múltiples deficiencias limitándose en realidade a un mero lavado de cara. Nunha estrada de montaña como esta que sofre os rigores do inverno na próxima primavera volverá estar igual de intransitáble. Ademais por causa do “arranxo” nalgúns puntos perdeu parte da pouca anchura que tiña. Por outra parte a estrada segue carecendo de quitamedos en numerosos lugares nos que son necesarios para garantir a seguranza.
Ademais de ser nexo de unión entre A Fonsagrada e Ribeira de Piquín, dando acceso a varios núcleos de poboación, esta estrada permite a comunicación da Fonsagrada coas comarcas de Meira e a Terra Cha. O BNG da Fonsagrada demanda da Deputación Provincial a necesaria rigorosidade na planificación do mantemento e mellora da rede viaria provincial. Cómpre que a área de Xestión Territorial planifique con seriedade a mellora da estrada LU-P-1906, unha obra que esixe un arranxo integral, esta debe incluír o firme e non limitarse a meros parches, para poñela á altura do século XXI.