O BNG da Fonsagrada presenta a súa candidatura
O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada celebrou na vila, un acto público aberto no que se deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais, como o proxecto que a formación ten para este concello da Montaña de Lugo.
O acto contou con diversas intervencións, no que destacaron as de Olalla Rodil, deputada no Parlamento galego, Rosa Rego, candidato do BNG á alcaldía da Fonsagrada, e integrantes da candidatura.
Rosa Rego sinalou a capacidade do seu equipo ante estas eleccións “estou convencida que este gran equipo, unido, comprometido e con toda a ilusión que conforma a candidatura do BNG será quen poña a funcionar este concello, somos xente que só temos un obxectivo: traballar con ambición para facer revivir A Fonsagrada”
Neste senso, o candidata do BNG subliñou “ante aqueles que están encallados no derrotismo e no conformismo, o BNG é a única alternativa para facer desenvolver A Fonsagrada” e subliñou “no BNG temos un proxecto centrado por e para as veciñas e darlle o lugar que merece este concello, polo que, imos desenvolver as grandes capacidades que ten e conformar un modelo de vida que sexa a referencia”
Por outra banda, Rosa Rego destacou “este 28 de maio temos que empezar a escribir unha nova folla de ruta, poñer a funcionar A Fonsagrada con optimismo, alegría, e sobre todo, traballar por un futuro onde calquera veciña ou veciño poida facer un proxecto de vida sen renunciar nada”
Candidatura do BNG na Fonsagrada
- Rosa Rego Murias
- Manuel López Louxedo
- María Amor Fernández Fernández
- Brais Fernández Fernández
- Laura Fernández Alonso
- Ángel Gegunde Díaz
- Adrián Méndez Fernández
- María García Fernández
- Mónica Fernández Fernández
- José Domínguez Díaz
- Áitor Rodríguez Villagarcía
Suplentes
- María Bélida García López
- Eva María Fernández Álvarez
- Xosé María Campos González
CONSULTA NESTE ENLACE O VÍDEO CO RESUMO DO SE PROGRAMA