O BNG de Baralla ofrecerá unha charla sobre os impactos e afeccións do parque eólico Reboiro

LugoXa
El BNG de Baralla ofrecerá una charla sobre los impactos y afecciones que supondrían la construcción del parque eólico Reboiro.
Acto parque eólico Baralla
18 Mar 2022

A construción do parque eólico Reboiro volve ser o centro dunha charla informativa, nesta ocasión a cargo do Bloque Nacionalista Galego en Baralla que falará sobre os impactos e as afeccións que suporá este parque.

Celebrarase hoxe venres, 18 de marzo, ás 16.30 horas no centro sociocultural de Baralla

Contará coas intervencións de Xavier Simón, membro do Observatorio Eólico de Galiza, Belén Rodríguez, secretaria executiva de ADEGA, e o portavoz municipal e concelleiro do BNG en Baralla, Xosé Manuel Becerra.

Xosé Manuel Becerra convida á veciñanza a participar no acto “desde o BNG convocamos este encontro para que a veciñanza poida contar con diversas perspectivas e unha visión dos expertos na materia sobre como funciona o modelo eólico actual e como lle pode afectar; por isto animamos a que acudan a este acto”

O BNG está a desenvolver este tipo de charlas informativas para que a veciñanza conte con ferramentas e coñecementos sobre as implicacións e os costes que posúe a construción dun parque eólico. De igual xeito, dar a coñecer o actual sistema legal e administrativo para a súa promoción e explotación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15566301345825