O BNG de Becerreá presentou a súa candidatura e propostas de futuro
Ovidio Montaña “Becerreá merece unha Alcaldía con confianza nas capacidades e poñelas a funcionar”.
O Bloque Nacionalista Galego en Becerreá celebrou na casa da cultura da vila, un acto público aberto no que se deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais.
O acto contou con diversas intervencións, no que destacaron as de Olalla Rodil, deputada no Parlamento galego, Martín Gómez, candidato número dous e o candidato do BNG á alcaldía de Becerreá Ovidio Montaña.
Ovidio Montaña declarou “teño a sorte de contar cunha equipa de 12 persoas chea de experiencia, e o máis importante, que ampara as novas ideas que atraen á xente nova, por iso o proxecto do BNG para Becerreá é un camiño cheo de futuro”.
Neste senso, o candidato do BNG subliñou que contan con numerosas ideas que “Becerreá merece unha Alcaldía con confianza nas capacidades e poñelas a funcionar, en todos os sectores produtivos, sobre todo cun énfase na gandaría xa que é un dos piares económicos deste concello, polo que impulsaremos un matadoiro ou unha sala de envasado para as e os apicultores, tanto profesionais como familiares”.
Por outra banda, Montaña destacou “Becerreá precisa dun novo rumbo, unha dirección clara para traballar por e para Becerreá, ese é o único obxectivo que ten esta candidatura, e por isto, o vindeiro 28 de maio deixaremos de lado o Becerreá triste por outro cheo de esperanza e ilusión”.
A CANDIDATURA
- Ovidio Montaña Regueiro
- Martín Gómez Souto
- María Sabela Pérez Martínez
- Xosé Antón Bao Abelleira
- Miguel Fernández Méndez
- María Josefa Pardo Vuelta
- Francisco Xabier Moure Salgado
- María Pilar Rodríguez Cando
- José Espín Mejía
- Carmen Álvarez Fernández
- Alfonso García Mallo
Suplentes
- José Osorio Fernández