O BNG de Castro de Rei insta ao PP a reparar as deficiencias da piscina municipal

LugoXa | TerraChaXa
Olga García denuncia "o desleixo do alcalde do PP cara ás instalacións do concello”
olga-garcia-castro-de-rei-piscinas
Olga García nas piscinas
4 Aug 2024

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei realizou unha visita ás instalacións da piscina municipal, onde puido comprobar o estado na que se atopan estas instalacións. Despois desta visita, o BNG, a través da súa concelleira, presentou unhas preguntas no pleno sobre as deficiencias atopadas nesta visita.

A concelleira nacionalista incidiu na falta de herba do perímetro acuático, "que presenta moitas calvas" o que implica que a terra desas calvas acaba dentro da piscina. O exterior do recinto da piscina tamén se atopa en mal estado, “podemos atopar un cartel que de tan desfeito que esta xa non se le e da unha primeira imaxe das instalacións de total abandono”, denuncia a concelleira

"Na resposta que o alcalde deu a concelleira quitoulle ferro a todas estas deficiencias deixando asi patente que non sabe como están as instalacións da piscina o cal deixa ver a falta de coñecemento e o desleixo deste alcaldía polo concello", dixo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18657612800598