O BNG de Castro de Rei pediu o arranxo do aparcadoiro do campo de fútbol municipal

TerraChaXa | LugoXa
O BNG promove no pleno o arranxo do aparcadoiro do campo municipal de fútbol de Castro Ribeiras de Lea polo seu estado
Digna Lagaron concelleira do BNG en Castro de Rei
24 Mar 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei promoveu, a través dunha proposta no pleno municipal, arranxar as inmediacións do campo municipal de fútbol Arturo Pereiro de Castro Ribeiras de Lea, mais en concreto, a zona do aparcadoiro para vehículos.

Digna Lagarón, concelleira do BNG en Castro de Rei, declarou “as persoas usuarias do campo non dispoñen dun lugar adecentado para poder ir camiñando ou estacionar o seu vehículo, o que está ocasionar malestar e unha mala imaxe dos servizos públicos do noso concello”.

De igual xeito, a concelleira do BNG destacou “o estado actual da contorna do campo de fútbol está moi deteriorado, por isto impulsamos o arranxo da zona e do aparcadoiro, sobre todo solicitando celeridade ao goberno municipal, xa que ten nun caixón pechado un proxecto de arranxo desta zona desde o ano 2019”.

A proposta do BNG foi rexeitada polo voto en contra do Partido Popular, o cal Digna Lagarón sinalou “o BNG sempre vai traballar en positivo pola veciñanza, sempre tenta sumar para gañar máis e mellores servizos, en cambio, a preguiza do goberno muniicipal fai frear as melloras para todas e todos”.

0.22427606582642