O BNG de Castro de Rei pide mellorar a accesibilidade na estrada do Mercado

TerraChaXa | LugoXa
O BNG presentou unha proposta no pleno municipal “para garantir a seguridade peonil nunha zona onde coinciden distintos servizos públicos”.
estrada mercado castro de rei
26 May 2021

O pleno do concello de Castro de Rei aprobou unha proposta do BNG encamiñada a mellorar a accesibilidade na contorna do pavillón, antigo centro médico e gardería, situadas na contorna da Estrada do Mercado.

Digna Lagarón explicou que ”a vila de Castro Ribeiras de Lea ten  unha importante falta de beirarrúas na maioría da zona urbana, esta falta é especialmente notable na contorna desta zona, onde coninciden distintos servizos públicos”.

Desde o BNG considérase necesario contar con beirarrúas nesa zona e habilitar zonas de estacionamento seguras “para garantir a seguridade peonil en toda a contorna”, afirmou Digna Lagarón, que engadiu “é necesario mellorar tamén a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida nas zonas que non se desenvolveron aínda”.

Na proposta aprobada no pleno, o BNG propuxo ao Goberno Municipal que se adecente esta zona con beirarrúas e se cree un aparcadoiro no solar colindante co centro médico, e que desde se promova un plan de eliminación de obstáculos a todas as zonas sen adecentamento urbanístico da vila, comezando polas que implican máis perigo.

0.16716718673706