O BNG de Castroverde insta á Xunta a destinar fondos propios para as axudas ás explotacións en ecolóxico

LugoXa
O BNG acada a unanimidade no pleno municipal para instar á Xunta a destinar fondos propios para pagar as axudas ás explotacións en ecolóxico
31 Xan 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde acada a unanimidade do pleno municipal coa súa proposta en apoio aos produtores da agrogandaría ecolóxica, xa que "o Partido Popular á fronte da Xunta de Galiza deixou a máis do 50% do sector sen axudas referentes á PAC pola mala previsión orzamentaria da consellería de Medio Rural".

A demanda do BNG insta "ao goberno galego a dotar con fondos propios, a diferenza entre os 3,18 millóns de euros orzamentados até os 5,6 millóns de euros que é cantidade necesaria, para efectuar o pago de todas as solicitudes que cumpriran os criterios estipulados". Iria Castro, concelleira e portavoz municipal do BNG en Castroverde, declarou “desde o BNG impulsamos esta medida que é fundamental para o sector agrogandeiro de ecolóxico, a mala xestión non ten que reacaer a quen están cumprindo os criterios e facendo ben o seu traballo”

Por outra banda, Iria Castro alegrouse de que a proposta impulsada polo BNG contara coa unanimidade “é unha iniciativa de sentido común, o sector en ecolóxico é un sector de futuro, forman parte do mantemento do territorio e levan a cabo prácticas medioambientais que preservan a nosa natureza e cumpren cos requisitos de loita contra o cambio climático”

A concelleira tamén formulou no pleno municipal diferentes preguntas ao goberno para que se desluciran os gastos da Festa da Xuventude “a alcaldía non está a mostrar os custos que conlevou esta festa, ademais se existen criterios diferentes nas achegas respecto ás Festas do Santiago” declarou.

Ademais, Iria Castro sinalou no pleno a "desafección da veciñanza polo servizo de seguridade privada no recinto durante a celebración do evento".

0.19668292999268