O BNG de Castroverde leva á pleno a proposta dun novo aparcadoiro na entrada do municipio

LugoXa
No último pleno celebrado no Concello de Castroverde, o grupo municipal do BNG propuxo facer un aparcadoiro á entrada do municipio.
3 Feb 2024

No último pleno celebrado no Concello de Castroverde, o grupo municipal do BNG propuxo facer un aparcadoiro á entrada do municipio. “O PSOE xa nos dixo que xa hai un aparcadoiro, que é diante do centro sociocultural”, explicou a concelleira Iria Castro. Segundo a formación política, ademais desta praza, precísase a execución doutro aparcadoiro que dea servizo á veciñanza de toda a vila.

En canto á a proposta da Alcaldía para dar máis competencias á Xunta de Goberno, o BNG opúxose e votou en contra pois “aínda que é legal pensamos que supón baleirar de contido o pleno ordinario onde estamos representados todos e todas os veciños e entorpece o labor da oposición”, aseguran dende o BNG.

A formación tamén apoiou a medida dos populares para poder gravar os plenos, xa que aseguran que eles mesmos a levaran a pleno en dúas ocasións anteriores. “O PSOE votou en contra porque cre que se trata dun gasto innecesario”. Polo contra, dende o grupo municipal do BNG apostan pola transparencia e todos os veciños poidan ver o que se está a debater.

0.20487284660339