O BNG de Castroverde organiza unha nova concentración en defensa da atención primaria

LugoXa
O BNG de Castroverde convoca unha nova mobilización por unha atención primaria digna este martes 6 de febreiro.
concentracion centro saude castroverde bng
5 Feb 2024

O BNG de Castroverde convoca unha nova mobilización por unha atención primaria digna este martes 6 de febreiro. A concentración será ás 13.00 horas diante do centro médico, onde comezarán cunha campaña de recollida de sinaturas.

Loitar por unha atención sanitaria digna no Concello é unha cuestión prioritaria para o grupo municipal que conseguiu no último pleno celebrado a unanimidade para a defensa desta cuestión. A sesión plenaria aprobou na súa totalidade instar á Xunta de Galicia a que se cubran as ausencias pediátricas e de medicina familiar no centro de saúde de Castroverde.

0.13024592399597