O BNG de Castroverde pide unha nova licitación do servizo de recollida de lixo

LugoXa
O Bloque Nacionalista Galego de Castroverde levarán unha moción ao vindeiro Pleno para pedir unha nova licitación de recollida do lixo
Lixo campo futbol castroverde
17 Nov 2022

O Bloque Nacionalista Galego de Castroverde levarán unha moción ao vindeiro Pleno para pedir "unha nova licitación que poña estabilidade e asegure a calidade do servizo de recollida do lixo no concello".

Por isto, o BNG tamén propón "o impulso dun punto limpo onde a veciñanza poida desfacerse do seus refugallos de forma segura, controlada e garantindo a salubridade".

Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, explicou “levamos moito tempo cun servizo de recollida do lixo deficiente por mor da inoperancia do goberno municipal, tivemos o lixo nas nosas portas moito tempo sen recoller e o caso máis relevante é o descontrol que está ao pé do campo de fútbol”

Neste última cuestión, a concelleira destacou que "este descontrol presúmese que conta coa autorización do goberno municipal, o que é unha verdadeira barbaridade que se contamine e dé unha imaxe totalmente indencente do noso concello”

De igual xeito, Iria Castro subliñou “é indecente que non teñamos un servizo xa definido, mais o realmente sangrante e que se subira a taxa de basuras á veciñanza cun servizo que salta á vista que é deficiente, feito que o BNG xa denunciou en tres ocasións ante o Pleno; unha mostra clara da incapidade deste goberno municipal”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20520877838135