O BNG de Castroverde reúnese co sector gandeiro
O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde convocou unha xuntanza co sector gandeiro local, no que a candidata dos nacionalistas á Alcaldía, Iria Castro, amosou as propostas máis importantes e urxentes para o sector.
Na xuntanza contou tanto con asistentes de gando ovino como vacún, de leite e carne. Iria Castro resaltou “o Concello é a administración máis achegada á veciñanza e é a que primeiro ten que actuar para resolver os problemas, o sector está contra as cordas por mor dunhas políticas ineficaces, e desde o BNG apostamos por un novo rumbo nesta materia”
Dentro das propostas do BNG, Iria Castro anunciou as seguintes “facer un banco de terras municipal, mellorar a ordenanza municipal de recollida de plásticos, facer feiras trimestrais en colaboración con outras entidades (ACRUGA, OVICA, etc.) para destacar os produtores da zona, programar cursos de formación específicos para o sector primario ou esixir á Xunta de Galiza a que aumente o número de técnicos de 1 a 2 na extensión agraria”
De igual modo, a candidata do BNG subliñou “en Castroverde o sector primario é un dos máis importantes, consideramos que é primordial escoitar aos gandeiros e gandeiras, ademais de ofrecerlles toda a nosa implicación”