O BNG de Castroverde volve manifestarse en defensa da atención primaria

LugoXa
O BNG de Castroverde volveu a convocar este martes 6 de febreiro unha nova mobilización por unha atención primaria digna e contra os recortes na sanidade pública galega.
bng_castroverde_protesta_sanidade
7 Feb 2024

O BNG de Castroverde volveu a convocar este martes 6 de febreiro unha nova mobilización por unha atención primaria digna e contra os recortes na sanidade pública galega. A concentración tivo lugar ás 13.00 horas diante do centro médico, onde comezaron cunha campaña de recollida de sinaturas. Dende a formación lamentan a ausencia do alcalde que, segundo sinalan, non se achegou a reivindicar unha sanidade digna para o municipiode Castroverde.

Loitar por unha atención sanitaria digna no Concello mantense coma unha cuestión prioritaria para o grupo municipal que conseguiu no último pleno celebrado a unanimidade para a defensa do servizo. A sesión plenaria aprobou na súa totalidade instar á Xunta de Galicia a que se cubran as ausencias pediátricas e de medicina familiar no centro de saúde de Castroverde.

0.11774682998657