O BNG de Cervantes denuncia o abandono do Consultorio de Doiras por parte da Xunta

LugoXa
Rodil destacou que esta situación prexudica gravemente á poboación, que se ve obrigada a desprazarse máis de 20 quilómetros ata San Román para poder recibir atención médica
Consultorio-de-Doiras-Cervantes-BNG
7 Feb 2025

O Bloque Nacionalista Galego de Cervantes volveu denunciar o abandono ao que a Xunta de Galicia somete ao municipio, concretamente ao Consultorio de Doiras, que na última semana non contou con atención médica continuada.

Esta situación, que se repite con frecuencia, xera unha gran molestia entre a veciñanza das parroquias afectadas, que nunca sabe cando poderá dispoñer de asistencia sanitaria.

Ante esta problemática, a poboación de Doiras trasladoulle ao BNG a súa preocupación polo estado do consultorio, acusando novamente á Xunta de Galicia de desatender as súas necesidades.

A deputada nacionalista Olalla Rodil foi contundente nas súas declaracións: “É evidente que a Xunta de Galicia e o PP incumpriron as promesas feitas á veciñanza de Doiras e, en xeral, do Concello de Cervantes”.

Rodil destacou que esta situación prexudica gravemente á poboación, que se ve obrigada a desprazarse máis de 20 quilómetros ata San Román para poder recibir atención médica.

“Desde o BNG insistimos no dereito da poboación de Doiras e do conxunto da montaña lucense a contar cunha asistencia sanitaria digna, próxima e da máxima calidade”, esixiu a deputada.

O BNG reitera o seu compromiso coa defensa dos dereitos sanitarios da poboación rural e esixe á Xunta de Galicia unha solución inmediata para garantir a continuidade do servizo médico en Doiras.

⚙ Configurar cookies
0.17650318145752