O BNG de Cervantes insta ao goberno municipal a crear unha comunidade enerxética

LugoXa
O BNG de Cervantes insta ao goberno municipal a que solicite axudas para a creación de comunidades enerxéticas
bombilla luz electricidade
11 May 2023

O Bloque Nacionalista Galego trasladou ao goberno municipal unha proposta para que o Concello de Cervantes, a través dalgunha das dúas liñas de axuda que están abertas neste momento, solicite financiamento para impulsar comunidades enerxéticas.

Esta fórmula de produción e consumo consiste en pequenas asociacións de participación veciñal e nas que tamén poden participar as administracións locais na que se aproveitan recursos enerxéticos a través das enerxías renovábeis e supoñen unha fórmula máis sostíbel e eficiente.

O candidato á alcaldía do BNG en Cervantes, Bernardo Valdês, declarou “o Concello debe pór en marcha medidas para contribuír á sustentabilidade ambiental e á redución da factura da electricidade, un importante gasto para as arcas muncipais, e tamén para as casas da veciñanza”

Neste senso, Bernardo Valdês destacou ”nun contexto onde a electricidade cada día está máis cara, aproveitar axudas para mellorar o aforro de todas e todos, son medidas que desde un goberno municipal se deben contemplar”

De igual modo, o candidato do BNG sinalou que “desde o BNG impulsamos unha proposta neste sentido, para que o goberno municipal aplique a través dos seus recursos un estudo e aproveite as liñas de axudas existentes neste eido, isto tería un custo mínimo e un avance na mellora da calidade de vida da veciñanza”

0.16513109207153