O BNG de Friol festexou o idioma galego coa actividade Camiños de Lingua e Natureza

TerraChaXa | LugoXa
O BNG en Friol celebrou Camiños de Lingua e Natureza, un acto público para festexar o noso idioma e abrir debates entorno ao medio ambiente
caminos lingua e natureza friol 2
15 Maio 2022

O Bloque Nacionalista Galego en Friol celebrou no parque Félix Rodríguez de la Fuente da localidade un acto público festivo baixo o título Camiños de Lingua e Natureza.

Este acto trátase dun espazo aberto á veciñanza para falar, ler, recitar ou interpretar, para así, difundir o galego co gallo da festividade das Letras Galegas. Mais tamén un espazo para a reflexión e debate entorno ao medio ambiente, polo que nesta primeira edición contou coa participación dos mozos e mozas do movemento Fridays for Future en Friol.

Ademais, contou coas intervencións musicais de Mini Rivas e os Airiños do Fiouco.

A responsábel local do BNG en Friol, Dolores López explicou “organizamos este acto para render homenaxe a todas e todos aqueles que dan voz e difunden o noso idioma, rememorando ao homenaxeado das Letras Galegas Florencio Delgado Gurriarán”

Dolores López destacou que Camiños de Lingua e Natureza tamén trátase dunha reivindicación sobre a nosa contorna “neste acto tamén abrimos novos debates sobre a situación actual do Planeta, e demos voz as novas xeracións como os integrantes do Fridays for Future de Friol para que a veciñanza coñeza as súas inquedanzas”

0.18154096603394