O BNG de Lugo anima a participar nunha concentración en apoio a Palestina

LugoXa
Baixo o lema 'Galiza con Palestina, contra a ocupación e o xenocidio', a mobilización ten lugar coincidindo co Día da Terra Palestina
Apoio-BNG-mobilización-Palestina-Lugo
30 Mar 2025

O BNG de Lugo anima a participar na concentración que organiza a Coordinadora de Solidariedade Galega con Palestina o luns, 31 de marzo, diante do Concello.

Baixo o lema 'Galiza con Palestina, contra a ocupación e o xenocidio', a mobilización ten lugar coincidindo co Día da Terra Palestina, que se celebra o 30 de marzo, en lembranza da folga xeral de 1976 contra o roubo de territorios palestinos. Ante a gravidade da situación en Gaza e en toda Palestina, a Coordinadora considera imprescindible manter a mobilización e reforzar a solidariedade internacional.

Desde a organización denuncian que o Estado sionista rachou unilateralmente a tregua, asasinando máis de 500 persoas nunha soa noite. Estes ataques continúan contra tendas de refuxiados, escolas e hospitais, situación que reforza a urxencia de seguir protestando.

A Coordinadora denuncia ademais a impunidade con que actúa Israel, ignorando o dereito internacional coa complicidade das potencias mundiais.

⚙ Configurar cookies
0.14781999588013