O BNG de Lugo anima ás mulleres a saír á rúa este 8 de marzo

LugoXa
“Fronte ao rearmamento do machismo só hai unha resposta clara: máis feminismo e máis mobilización”, declarou Rodil
BNG-Lugo-8M-2025
7 Mar 2025

O Bloque Nacionalista Galego chama ás mulleres de Lugo a saír á rúa este sábado, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, anunciou o apoio da formación nacionalista ás mobilizacións convocadas polos colectivos feministas da cidade, así como ao conxunto de accións organizadas polo movemento feminista en Galicia para reivindicar os dereitos das mulleres.

“Fronte ao rearmamento do machismo só hai unha resposta clara: máis feminismo e máis mobilización”, declarou Rodil, quen fixo un chamamento á participación masiva nas mobilizacións previstas para o 8M. A deputada do BNG subliñou a importancia de visibilizar a loita feminista e asegurou que "o mundo non pode funcionar sen as mulleres, somos nós as que seguimos a funcionar con desigualdade".

Ademais, Rodil destacou a necesidade de abordar a loita feminista desde unha perspectiva galega, para dar resposta ás problemáticas específicas das mulleres en Galicia. Segundo a parlamentaria, é imprescindible reforzar os servizos públicos, garantir o dereito á conciliación e asegurar un sistema de saúde que non invisibilice ás mulleres.

Por todo isto, Olalla Rodil instou ás mulleres de Lugo a mobilizarse este 8 de marzo, reivindicando a igualdade real e colocando os dereitos das mulleres no centro do debate público.

⚙ Configurar cookies
0.16489601135254