O BNG de Lugo celebra a apertura dun aparcadoiro público da Xunta de Galicia

LugoXa
Arroxo afirmou que o Concello de Lugo “é exemplo de como as institucións poden poñer á disposición das veciñas e veciños as infraestruturas públicas"
aparcadoiro_xunta_lugo_bng
10 Dec 2024

O BNG dalle os parabéns a cidade de Lugo pola apertura de aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta de Galicia.

O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que o seu grupo levou mocións ao pleno municipal e fixo unha campaña para Lugo contase con máis aparcadoiros próximos ao centro da cidade.

Arroxo afirmou que o Concello de Lugo “é exemplo de como as institucións poden poñer á disposición das veciñas e veciños as infraestruturas públicas, tal e como aconteceu coa apertura ao público, polas tardes, do aparcadoiro do Seminario”.

Ese espazo, explica Arroxo, pasou de estar reservado a persoal do Concello a ser accesible para toda a veciñanza, abrindo un camiño que debe prolongarse para optimizar os recursos públicos dispoñibles para mellorar a mobilidade dentro da cidade, insiste o portavoz do BNG.

En Lugo existen outros espazos xestionados pola Xunta de Galicia que poden ampliar a capacidade de estacionamento na contorna do centro da cidade e que beneficiaría o acceso das veciñas e veciños a esta zona.

Para Rubén Arroxo “é positivo que se incremente o número de prazas de aparcadoiro na zona do parque e da Avenida Ramón Ferreiro, aproveitando os aparcadoiros do IES Virxe do Ollos Grandes, Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado”, na actualidade con prazas reservadas as 24 horas para vehículos autorizados e inaccesibles para o público xeral, explica.

0.17345309257507