O BNG de Lugo pide maior control á calidade do aire e ás emisións da fábrica de Tableros Hispanos

LugoXa
O portavoz do BNG e tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG presentou unha proposición ao vindeiro pleno municipal para defender que a Xunta de Galiza aplique un maior control ás emisións contaminantes da fábrica de Tableros Hispanos de Nadela.
pleno_bng
2 Maio 2024

O portavoz do BNG e tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG presentou unha proposición ao vindeiro pleno municipal para defender que a Xunta de Galiza aplique un maior control ás emisións contaminantes da fábrica de Tableros Hispanos de Nadela. Arroxo lembrou que "desde o BNG mantivemos xuntanzas coa veciñanza afectada, residentes a pouca distancia da fábrica, que desde hai anos veñen denunciando os altos niveis de ruídos e as emisións de fumes que padecen nas súas vivendas".

Piden que que a empresa cumpra coas medidas de control marcadas pola normativa ambiental e que desde o Goberno se amplíen os controis deste tipo de emisions. O BNG continuará a traballar nas distintas institucións "para garantir o benestar da veciñanza de Nadela e a calidade do aire de Lugo".

As veciñas e veciños denuncian que a contaminación do aire producida polas emisións de Tableros Hispanos estalles a producir graves molestias de saúde, entre as que se atopan inflamacións nos ollos e nas vías respiratorias. Desde o BNG recóllense as reclamacións veciñais e reclamará instalación dunha estación de control da calidade do aire na zona norte da factoría, unha maior periodicidade nas inspeccións de emisións e máis transparencia para manter á veciñanza da zona informada sobre as medidas que se poñan en marcha para garantir o cumprimento da normativa ambiental.

0.19991302490234