O BNG de Lugo volve a esixir á Xunta que abra os aparcadoiros nos seus edificios

LugoXa
Rubén Arroxo insistiu no exemplo do Goberno de Lugo á hora de dispoñer infraestruturas públicas á veciñanza
lugo-facultade-formacion-profesorado
8 Ago 2024

O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, aproveitando as obras que se están a realizar nos centros educativos da zona centro da cidade, insta á Xunta a abrir os aparcadoiros do Edificio Administrativo da Xunta, e dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado pola tarde “optimizando o espazo público para o estacionamento de vehículos, e garantindo máis capacidade de estacionamento na contorna do centro da cidade de Lugo”, conclúe o portavoz do BNG.

O BNG continúa demandando ao Goberno galego a apertura dos aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta de Galiza. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou “o exemplo de como as institucións poden poñer á disposición das veciñas e veciños as infraestruturas públicas, tal e como aconteceu coa apertura ao público, polas tardes, do aparcadoiro do Seminario”. Arroxo, criticou a postura do PP "marxinando á cidade de Lugo desde a Xunta mentes pide que desde o Concello se asuma máis traballo".

O portavoz  explicou que "o PP quéixase de falta de espazos de estacionamento, pero non é capaz de colaborar para solucionalo" Na cidade de Lugo existen outros espazos que poderían ampliar a capacidade de estacionamento na contorna do centro e que beneficiaría o acceso das veciñas e veciños a esta zona.

Para Rubén Arroxo “é positivo que se incremente o número de prazas de aparcadoiro na zona do parque e da Avenida Ramón Ferreiro aproveitando os aparcadoiros do IES Virxe do Ollos Grandes, Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado”, con prazas reservadas as 24 horas para vehículos autorizados durante o período escolar e que, sobre todo agora no verán, poderían empregar o público xeral, explica. Tamén ve necesario “paliar a perda de prazas de estacionamento na Estación de Tren co inicio da construción da nova intermodal, podendo empregarse as prazas do aparcadoiro do Edificio Administrativo da Xunta nun horario no que menos afecte á xornada do persoal”.

0.15569090843201