O BNG de Monterroso acusa ao PP dunha nova de falta de compromiso coa veciñanza
O BNG de Monterroso acusa ao PP dunha nova de falta de compromiso coa veciñanza deste concello pola falta de melloras na accesibilidade na casa consistorial.
En Monterroso viven actualmente 282 persoas con algún tipo de discapacidade e unhas 1.150 persoas cuxo rango de idade supera os 65 anos, "co que é lóxico pensar que a accesibilidade debe ser algo a ter en conta no noso Concello", din os nacionalistas, "o pasado 14 de novembro saíu a resolución no DOG sobre as axudas Next Generation para esta materia, sendo unha oportunidade para o concello de acometer obras tan necesarias sen ningún tipo de custe".
"De novo concellos como Agolada, Antas de Ulla ou Santiso, moi próximos ó noso e con menos poboación accederon a uns 48.000 euros de axuda cada un. Coa cantidade de poboación do noso concello e coa porcentaxe de persoas con discapacidade e de persoas maiores, o noso Concello sobrepasaba o 7% en ambos casos, algo que pedía a axuda para acadar a máxima puntuación. De actuar con dilixencia esa axuda podería ser concedida” explica o portavoz nacionalista.
Dicir que “É algo que o Partido Popular levaba no programa, reformar e rehabilitar a Casa do Concello mellorando a accesibilidade, e que podía haberse financiado con estes fondos” afirma Vázquez. De todos xeitos, desde o BNG consideramos que existían multitude de posibilidades para presentar un proxecto co fin de mellorar a nosa vila con respecto ao tema de accesibilidade".
“As axudas pedíronse en xullo, polo que o PP esta incumprindo o seu propio programa electoral. O novo equipo de goberno xa estaba vixente pero unha vez máis os euros vanse a outros concellos da nosa contorna, e non son cantidades menores”concluíu Brais Vázquez.