O BNG de Monterroso conseguiu que se aprobara unha moción para a creación dun plan de igualdade

LugoXa
O Bloque Nacionalista Galego presentou no concello de Monterroso, no Pleno celebrado este pasado xoves, unha moción para que dende o Concello se elabore un plan de Igualdade municipal.
1 Mar 2024

O Bloque Nacionalista Galego presentou no concello de Monterroso, no Pleno celebrado este pasado xoves, unha moción para que dende o Concello se elabore un plan de Igualdade municipal. "Moción que foi aprobada e obriga ao equipo de goberno a creación dese plan", engaden.

Esta moción "tivo que meterse por urxencia porque unha vez máis o alcalde de Monterroso negouse a meter unha proposta do BNG na orde do día, cando esta estaba presentada en tempo e forma, sería que o alcalde non quería que se debatise sobre a igualdade?”, preguntase o concelleiro nacionalista.

Neste Concello "vén de delegarse nunha concelleira do Goberno a área de Igualdade e a primeira misión que dende o Pleno se lle encomenda é a creación deste plan de igualdade, “vemos pertinente a creación dun Plan de Igualdade que poida promover como obxectivo final, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación e desigualdade que incide sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral, por motivo das diversidades existentes – funcional, procedencia ou orixe étnica, racial, cultural e diversidade afectivo-sexual”, afirma o nacionalista.

O grupo municipal do BNG estará pendente de que dende o equipo de goberno leven adiante esta encomenda e se poñan a traballar na creación deste plan importante para levar adiante unha igualdade real neste concello.

0.19963216781616