O BNG de Monterroso presenta unha denuncia ante o Consello de Contas por presuntas irregularidades

LugoXa
O concelleiro Brais Vázquez alerta de deficiencias na xestión económica e solicita a auditoría das contas municipais
Brais-Vázquez-bng-monterroso
12 Sep 2025

O BNG de Monterroso presentou unha denuncia formal ante o Consello de Contas de Galicia, na que se detectan graves irregularidades na liquidación das contas municipais dos anos 2023 e 2024. Segundo explicou o concelleiro nacionalista Brais Vázquez, a decisión adoptouse tras constatar a reiteración de prácticas contrarias á legalidade e numerosos reparos recollidos pola intervención municipal.

Vázquez sinalou que nos informes das contas aparecen contratos menores que superan os límites legais e prestacións de servizos sen contrato en vigor, o que evidencia, segundo el, unha situación de descontrol e opacidade. O documento presentado ao Consello de Contas inclúe copia dos informes da intervención e das alegacións que o BNG presentou nas Comisións de Contas.

O concelleiro rematou subliñando a necesidade de que se abra unha investigación, se auditen as contas do Concello e se valoren as actuacións e responsabilidades de cada persoa implicada, en beneficio dunha xestión transparente e rigorosa para a veciñanza de Monterroso.

⚙ Configurar cookies
0.090458869934082