O BNG de Outeiro de Rei denuncia continuos cortes de auga
O Bloque Nacionalista Galego de Outeiro de Rei denuncia os continuos cortes de auga que sofre a veciñanza sen aviso previo.
Os nacionalistas non se explican como “sendo o equipo de goberno consciente destes cortes, non se toman medidas” engadindo que “a desidia e abandono dos populares por resolver este tema vai en aumento”. No pleno do pasado 26 de outubro os concelleiros do BNG preguntaron ao alcalde sobre estes cortes e a resposta obtida foi “avarías diversas” pero a verdade e que estas avarías se dan cada pouco polo que consideran que se debe dar unha solución definitiva.
Os concelleiros nacionalistas preguntaran no vindeiro pleno, outra vez, sobre estes continuos cortes na auga “un corte programado por unha obra enténdeo calquera veciña, pero os reiterados fallos no subministro que estamos a padecer denota que algo se esta a facer mal dende o goberno municipal” declara Lombao.
“O que esta a acontecer é unha grave improvisación”, engadiu a concelleira que aseverou que "é unha chapuza que a veciñanza non temos porque sufrir e non só polo que pagamos senón tamén porque a auga é imprescindíbel”.