O BNG de Outeiro de Rei volve a apostar por Xosé Ferreiro para as eleccións de maio

TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Outeiro de Rei volve a apostar por Xosé Ferreiro como cabeza de lista nas próximas eleccións municipais
Foto candidato Xose Ferreiro outeiro de rei
20 Abr 2023

Xosé Ferreiro, licenciado en Física e profesor de Matemáticas no IES de Guitiriz, vai acompañarano no segundo e terceiro posto por Elvira Lombao, administrativa e coñecida activista no traballo pola igualdade das mulleres, e Miguel Vieito, avogado especialista en dereitos civís.

Xosé Ferreiro volverá a encabezar por terceira vez a candidatura do BNG en Outeiro, esperando que o BNG continúe na liña ascendente das dúas convocatorias anteriores, acadando así a maioría suficiente para que en Outeiro de Rei se produza o cambio real a súa xente merece, sendo este o obxectivo primordial da candidatura do BNG nesta convocatoria electoral.

Xosé Ferreiro encabeza un grupo de 23 persoas, persoas serias e coa preparación suficiente así como o coñecemento necesario do concello para converter a Outeiro de Rei nun concello moderno e con futuro, "desterrando o caciquismo e a corrupción que predominou ata o momento en Outeiro de Rei".

En todo caso, as principais liñas de traballo que se marcan para este próximo mandato, comezarían por ter unha xestión municipal transparente, garantindo que calquera persoa ou empresa teña as mesmas oportunidades de traballar no concello, respectando estritamente o cumprimento dos principios de igualdade, mérito e capacidade, e acabando con toda política clientelar. A igualdade de todos e todas, na seu máis amplo sentido, será unha prioridade do goberno do BNG.

Tamén queren levar adiante un plan urbanístico sostíbel e para as persoas, non para as construtoras, permitindo que todas as parroquias teñan as mesmas oportunidades de medrar, así coma acceso aos mesmos servizos; regular uns impostos que sexan coherente cos servizos prestados, evitando que as fincas ou parcelas paguen cunha cualificación que non se corresponda coa realidade: só con servizos de urbanas poden pagar como urbanas, e conseguir uns servizos públicos propios do século XXI, empezando por ter unha calidade de auga que permita o seu uso en calquera época do ano e traballando para levar o saneamento a todos os núcleos rurais.

Ademais aseguran que traballarán para ter un parque empresarial activo e vertebrador, consenduando medidas para que o prezo do chan no polígono se sitúe ao nivel do dos concellos da nosa contorna. Só así faremos que o parque empresarial sexa o motor económico do concello. Tamén queren deseñar uns servizos sociais en función das necesidades reais da poboación. A posta en marcha do Centro de DIA e o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, sempre dende unha xestión pública, serán os piares fundamentais da proposta de goberno do BNG neste campo.

Finamente din que fomentarán o respecto e a conservación do noso patrimonio, tanto por dignidade colectiva como por respecto ao que nos deixaron os nosos maiores como por ser un factor clave no desenvolvemento económico do territorio.

Tres primeiros candidatos bng outeiro de rei
0.15781807899475