O BNG de Outeiro demanda atención ás torres de Taboi e Sobrada
As torres de Taboi e Sobrada, en Outeiro de Rei, están nun estado lamentable, segundo indica ao BNG, "correndo risco de derrube en calquera momento. Ámbalas dúas construcións medievais necesitan intervencións urxentes se queremos que segan estando de pé", din.
Dende o BNG de Outeiro presentáronse varias iniciativas para que oConcello, coa axuda doutras administracións, procedera a incorporalas ao patrimonio público, para poder facer os traballos de consolidación necesarios. Logo, unha vez que fosen bens públicos e se eliminase o risco e derrube, decidiríase cales serían os destinos máis interesantes para elas.
Sempre que o BNG levou estas propostas contou coa oposición do alcalde, "votando sistematicamente en contra de calquera iniciativa nesta liña", explican.