O BNG de Outeiro de Rei propón a creación dun Punto de Información Catastral

TerraChaXa | LugoXa
Outeiro é un dos 12 concellos da provincia que non contan cun PIC e nun concello eminentemente rural, a dotación deste servizo no concello facilitaría dun xeito importante as múltiples xestións que a veciñanza ten que facer diante do Catastro.
29 Feb 2024

Outeiro é un dos 12 concellos da provincia que non contan cun PIC e nun concello eminentemente rural, a dotación deste servizo no concello facilitaría dun xeito importante as múltiples xestións que a veciñanza ten que facer diante do Catastro.

Os Puntos de Información Catastral (PIC) son centros de prestación de servizos catastrais, autorizados pola Dirección Xeral do Catastro, que se localizan en entidades públicas para prestar á cidadanía.

Explica o BNG de Outeiro de Rei que nun concello eminentemente agrario e rural, con multitude de parcelas inmobiliarias, tanto rústicas como urbanas, e con bastante movemento urbanístico, os trámites que a cidadanía ten que facer ante a Direccións Xeral do Catastro son múltiples e moi variados. "O feito de poder dispor deste servizo no propio concello, achegando as administracións ás persoas administradas, fai que se faciliten en gran medida estes trámites e que o traballo da administración sexa máis eficiente".

"Todo iso fai que este servizo estea moi ben valorado pala cidadanía que conta con el, provocando que tan só haxa 12 concellos en toda a provincia de Lugo que non conten con este servizo, sendo Outeiro de Rei un deles", engaden.

O BNG propón exactamente rematar con esa situación e que de forma urxente o Concello proceda a dotarse dun Punto de Información Catastral nas oficinas do propio concello.

Desbloqueo do Servizo de Urbanismo e evitar a súa privatización

"O servizo de Urbanismo do concello de Outeiro atópase completamente saturado, tendo que facer a cidadanía colas interminables e esperar para calquera tipo de permiso ou trámite ata varios meses para a súa resolución". A pesares de que isto é debido a mala planificación do servizo que se fai dende a Alcaldía, esta situación é usada polo alcalde para ir privatizando a maioría do traballo que nese servizo se fai", explican.

Consideran que se o concello de Outeiro se dotase cun PIC, por contar con persoal específico, contribuiría a desconxestionar a carga de traballo do persoal municipal adscrito ao servizo de urbanismo, reducindo a espera da veciñanza polas xestión e, sobre todo, aforrando os custes que ten o feito de que o traballo dese servizo estea a ser feito por empresas ou persoal privado.

0.18606400489807