O BNG de Outeiro propuxo no Pleno a bonificación no IBI das vivendas que usen enerxías verdes

TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Outeiro propuxo no pleno que o concello bonificara no IBI a todas as vivendas que investisen en enerxías alternativas sostibles
paneis solares explotacions agricolas gandeiras
16 Oct 2022

O BNG de Outeiro propuxo no último pleno celebrado no concello de Outeiro que se tivera en conta á hora de cobrarlles o IBI ou o ICIO os investimentos que moitas familia fan en apostar polas enerxías verdes nas súas vivendas.

"Parece bastante lóxico que unha administración como é o Concello teña en conta cando unha familia destina parte dos seus recursos en dotarse de infraestruturas enerxéticas verdes, sostibles para o planeta e que eviten a dependencia enerxética de terceiros países. Isto é o que están a facer a maioría dos concellos da nosa contorna, e pensamos que Outeiro de Rei non pode quedarse atrás”, dixo a concelleira do BNG.

O BNG na súa moción propoñía que cando se instalasen nunha vivenda particular sistemas alternativos de enerxía, o COncello bonificase estes investimentos ata onde a lei permite, para que así o esforzo económico das familias fose menor.

"A sorpresa xurdiu durante o pleno cando despois do debate correspondente o señor Pardo anunciou o seu voto en contra da proposta, cuestión que no pode ser entendida pola maioría da cidadanía", dixo.

“Non entendemos como publicamente se pode dicir que estamos a favor do autoconsumo enerxético, das enerxía verdes e da autonomía enerxética e logo rexeitar todas as propostas encamiñadas nesa dirección. Para nós resulta unha hipocrisía totalmente inaceptable”, rematou dicindo a concelleira do BNG Elvira Lombao.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18200492858887