O BNG denuncia a situación de abandono da Pontella do Maiordomo en Taboi

TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Outeiro de Rei denuncia, a través do Deputado no Congreso, Néstor Rego, o estado de abandono no que se atopa a Pontella do Maiordomo que cruza o río Miño na parroquia de Taboi.
ponte maiordomo taboi outeiro de rei
26 Mar 2024

O BNG de Outeiro de Rei denuncia, a través do Deputado no Congreso, Néstor Rego, o estado de abandono no que se atopa a Pontella do Maiordomo que cruza o río Miño na parroquia de Taboi.

Esta estrutura permite o acceso á Insua do Maiordomo e componse dunha ponte de dous tramos con trabes de carballo que pousan nun tallamar central e táboas encravadas. Trátase dunha construción singular e cunha tipoloxía única na comarca da Terra Cha de Lugo.

“Posúe grande relevancia dentro da cultura popular como elemento arquitectónico” afirmou a concelleira, onde se observan coñecementos e materiais empregados durante séculos no rural da Galicia, como pola súa relación con un modo de vida tradicional baseado na gandería e agricultura e que até hai algúns anos posuía enorme incidencia.

A construción presenta un estado de deterioro moi elevado. Esta situación empeorou nos últimos tempos de modo alarmante, a pesar de que xunto dela discorre unha ruta deseñada polo Concello de Outeiro de Rei, que aproveita un camiño paralelo ao río Miño, mais isto non implica que o Concello poña en valor a pontella nin trate de parar o seu deterioro.

“Tal situación apunta á súa desaparición definitiva a curto prazo o cal suporía unha perda significativa dentro do noso patrimonio cultural” explica Elvira Lombao.

“É preciso que desde a Confederación inicien os trámites e negociacións precisos para acometer as necesarias obras de restauración e posta en valor da Ponte á Insua do Maiordomo no Río Miño e impedir que continúe o seu deterioro “esixiu Lombao.

"Que accións vai iniciar para acometer a rehabilitación e posta en valor desta ponte situada cerca do nacemento do río Miño? a posibilidade de asinar un convenio de colaboración co Concello de Outeiro de Rei para recuperar e pór en valor este elemento arquitectónico tradicional e singular?", preguntase a nacionalista.

0.18123698234558