O BNG denuncia o peche inesperado do aparcadoiro do IES Ollos Grandes

LugoXa
A formación nacionalista reclama que se respecte a sinal que permite o acceso e advirte contra un posible retroceso na apertura destes espazos
barreira-pechada-IES-Ollos-Grandes
6 Nov 2025

O BNG denuncia que o acceso ao aparcadoiro do IES Ollos Grandes estivo pechado durante a tarde deste mércores, xa que a barreira permaneceu pechada, impedindo a entrada de vehículos nun horario no que o espazo debería estar operativo.

Así, din que o horario non se axustaba ao indicado na sinal de tráfico situada nas inmediacións, xa que ese cartel establece que o recinto debe permanecer aberto todos os mércores entre as 15:30 e as 18:30 horas, e o resto dos días laborables de 15:30 a 23:30.

O tenente de alcalde e portavoz nacionalista, Rubén Arroxo, lamentou a situación e expresou o seu desexo de que se trate dun fallo puntual. Segundo afirmou, “esperemos que sexa simplemente un erro e non teñamos que volver á situación anterior, cando foi necesaria a presión do BNG para lograr que os aparcadoiros de titularidade da Xunta de Galicia se abrisen ao público”.

⚙ Configurar cookies
0.14382696151733