O BNG denuncia o uso da imaxe institucional da Xunta nun acto de campaña do PP

LugoXa
O BNG de Lugo anuncia que está a estudar o uso que o Partido Popular realizou da imaxe institucional da Xunta de Galiza nun acto electoral
ActoPP BNG
20 Abr 2023

O BNG de Lugo anuncia que está a estudar o uso que o Partido Popular realizou da imaxe institucional da Xunta de Galiza nun acto celebrado o pasado martes. O responsable local, Felipe Rivas, afirmou que “Elena Candia levou á Xunta de Galiza a incumprir a lexislación electoral” e explicou que “un integrante da candidatura do PP compartiu imaxes dun acto de precampaña do partido na que se pode ver a imaxe institucional da Xunta, algo que está prohibido pola lexislación electoral vixente”.

Rivas afirmou que o BNG "está a estudar as accións a levar a cabo ante este incumprimento da normativa electoral", e lembrou que “non é a primeira vez que desde o PP se utiliza a imaxe da Xunta de Galiza no material de campaña”, en relación a un vídeo elaborado nas eleccións galegas do ano 2020, que foi retirado tras a denuncia do BNG na Xunta Electoral.

A Xunta Electoral Central, no seu acordo 214/2019, estableceu, sobre o uso de símbolos e institucións, que en ningún caso será admisible a súa apropiación ou manipulación polas concretas entidades políticas nos seus programas e publicidade electoral.

0.12713098526001