O BNG do Corgo insta que se cubran as prazas de facultativos do centro de saúde

LugoXa
O Bloque Nacionalista Galego do Corgo denuncia que o centro de saúde do municipio conte con tan só tres facultativos.
bng corgo mario outeiro pilar bellon
5 Ago 2021

O BNG do Corgo denuncia que o centro de saúde do municipio conte con tan só tres facultativos. Así pois, un sanitario da plantilla xubilouse recentemente e aínda non se cubriu esa praza vacante. Por iso, dende o partido nacionalista piden ao Sergas que cubran dita praza, así coma que exista un profesional de substitución para outro médico que ten prevista a súa xubilación nun período breve de tempo.

Dende o BNG consideran que se ten que manter o servizo prestado debido á idade avanzada de moitos dos veciños e veciñas do Concello. Esto xa foi algo que se levou ao pleno do pasado mes de abrir para evitar que se recortara no persoal do sistema de saúde.

Pola súa parte, dende o Sergas sinalan que cubren as prazas que poden xa que é unha tempada complicada na que moitos dos profesionais están de vacacións.

0.16270184516907