O BNG esixe á Xunta que faga o seu labor de conservación do patrimonio en Cervantes

LugoXa
Os nacionalistas critican a visita ás pallozas de Piornedo, que "están completamente abandonadas pola Xunta de Galicia"
Daniel-García-BNG
31 Jan 2025

O deputado do BNG, Daniel García, criticou a "hipocresía" e "oportunismo" do Partido Popular en relación coa conservación das pallozas de Piornedo, en Cervantes, que, segundo denunciou, están completamente abandonadas pola Xunta de Galicia.

García acusou ao PP de "desvergonza" ao trasladarse a Piornedo para pedir a implicación da Deputación de Lugo na conservación deste patrimonio cando, afirmou, a única institución que está a apoiar a Asociación Teitos de Piornedo, encargada das tarefas de mantemento, é precisamente a área de Rural da Deputación de Lugo.

O deputado nacionalista subliñou que esta asociación leva anos facendo un traballo que lle corresponde á Xunta como administración responsable da conservación do patrimonio, especialmente cando se trata dun ben declarado de Interese Cultural.

A área de Rural da Deputación de Lugo, pola súa parte, colabora co colectivo de Piornedo a través dunha subvención nominativa. En 2024, a achega foi de 20.000 euros, e tamén se renovou para 2025.

Esta subvención destínase a tarefas de mantemento e conservación das cubertas de palla das pallozas, que inclúen desde a preparación da terra e sementado do centeo ata a sega e a mallega do cereal, un traballo necesario para a conservación das tradicionais cubertas.

O BNG esixe á Xunta de Galicia que asuma as súas responsabilidades e que actúe con seriedade na conservación deste patrimonio único de Galicia.

0.20003914833069