O BNG esixe que o Sergas garanta os servizos sanitarios na Fonsagrada

LugoXa
O Bloque Nacionalista Galego presentou no pleno do Concello da Fonsagrada unha moción para que se garantan os servizos sanitarios neste Concello, xa que, explican, levan anos sen "asumir as demandas da xente da Fonsagrada dos servizos de radioloxía ou fisioterapia, entre outros, obrigando a súa veciñanza a un desprazamento sin sentido a Becerreá, e agora rematan tamén coa asistencia médica en primaria".
BNG Fonsagrada manifestacion sergas 2023
2 Dec 2023

O Bloque Nacionalista Galego presentou no pleno do Concello da Fonsagrada unha moción para que se garantan os servizos sanitarios neste Concello, xa que, explican, levan anos sen "asumir as demandas da xente da Fonsagrada dos servizos de radioloxía ou fisioterapia, entre outros, obrigando a súa veciñanza a un desprazamento sin sentido a Becerreá, e agora rematan tamén coa asistencia médica en primaria".

Critican que "eliminaron o médico compartido con Negueira de Muñiz, como fixeran xa antes co de Ribeira de Piquín, co cal na Fonsagrada perdemos un facultativo que consultaba 3 días á semana".

Ademais, apuntan a que no vindeiro mes xubílase outro médico, "e parece que o Sergas aproveitará para aforrar outro salario e a veciñanza da comarca terá un servizo menos. Quedan 3 médicos para atender a case 4.000 persoas usuarias, dunha elevada media de idade, no Concello máis grande de Galicia e ao que se lle xunta Negueira de Muñiz".

Defender a sanidade

Desde o BNG defenden o dereito á sanidade pública porque "é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”, explicou Rosa Rego.

Así, con esta moción "queriamos recibir o apoio de toda a corporación municipal ante un feito que consideramos vital para toda a veciñanza, realmente non foi así, xa que o PP non considera importante que se garanta un servizo de calidade neste concello”, concluíu Rosa Rego.

Ademais, o BNG de A Fonsagrada tamén preguntou polo proxecto do Museo Forgues, "pois estase rematando o prazo de presentación e aínda non se sabe nada del, así como pola situación do mantemento da Galiña Azul, xa que se recibiron denuncias polo seu mal estado, mantemento que lle toca executar ao Concello", concluíron.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18683004379272