O BNG impulsa medidas nos Ancares dentro das emendas aos orzamentos da Xunta
O Bloque Nacionalista Galego presenta unha batería de medidas para a comarca dos Ancares dentro das emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio do 2023.
Estas medidas constan dun plan rural de educación na comarca para que se dote de transporte público gratuíto nas fases obrigatorias como non obrigatorias, o destino de axudas para o teitado en edificacións de cuberta vexetal como as pallozas ou os hórreos e o desenvolvemento do proxecto piloto de coidados aos maiores Ancares.
A deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, , explicou “impulsamos estas medidas para poñer tamén no centro das políticas á Montaña de Lugo, especialmente aos Ancares”
Entre as medidas, a deputada salientou a necesidade de “recuperar as axudas para as pallozas que o Partido Popular eliminou para este Ben de Interese Cultural a Xunta ten a responsabilidade de contribuír ao seu mantemento xa que é parte do patrimonio das galegas e galegos”.
Rodil destacou dentro das medidas, o impulso do Proxecto Ancares en colaboración co Centro de Desenvolvemento Rural Ancares. Este proxecto piloto trátase dun sistema de coidados dirixido ás persoas maiores “poñemos a vida no centro das políticas públicas no rural, polo que impulsamos unha rede de servizos comunitarios de proximidade para garantir o dereito a envellecer no propio fogar, xerando máis benestar e calidade de vida, ademais de dinamizar a economía local”