O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para a supresión das paradas de bus

TerraChaXa | LugoXa
O plan de mobilidade do Mitma suprime as paradas en Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso
bng sinturas autobus palas
19 Xul 2022

O novo plan de mobilidade do Mitma suprime as paradas en Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso.

O Bloque Nacionalista Galego pon en marcha en Palas de Rei unha campaña de recollida de sinaturas ante o novo plan de mobilidade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Este proxecto contempla a supresión de paradas de autobús como  recortes nos servizos ferroviarios nun cento de localidades do País, polo que a organización  esixe a a modificación deste plan.

No caso de Lugo, suprimiranse as paradas de autobús nas localidades de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso.

A deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil,  declarou “é inadmisible que se pretenda quitar o pouco que hai no interior do País, por isto desde o BNG esiximos o mantemento do servizo e instamos a mellorar as frecuencias e liñas” ao que subliñou “temos dereito a vivir, a traballar e a movernos no interior do País cun transporte do século XXI que atenda ás necesidades da veciñanza”

O BNG instalará mesas de información como de recollida de sinaturas  nas localidades afectadas “animamos a todas as persoas a que asinen nas mesas que imos a colocar para para defender un transporte de calidade” suscitou Rodil.

0.11555099487305