O BNG inicia unha campaña de sinatiuras para a modificación da Rolda Leste
Para Rubén Arroxo, “sería impensable hoxe repetir o debate de hai 100 anos sobre derrubar a muralla, pero é algo similar ao que a Rolda Leste suporá para o río Rato, poñendo sobre a mesa a destrución de parte das zonas verdes da cidade”. O BNG continuará con esta campaña informativa, “e convocaremos mobilizacións para chamar á veciñanza a participar na defensa das zonas verdes de Lugo”, afirmou o concelleiro nacionalista.
"Estamos mantendo xuntanzas con diversos colectivos que nos expresan a súa preocupación" manifestou o voceiro do BNG e engadiu "o debate está aberto e temos claro que a necesidade deste vial é moi relativa". A Rolda Leste afectará aproximadamente a 1 km de carballeiras no entorno do río Rato, o que suporá unha afectación severa á periferia da cidade de Lugo.
A Xunta pretende a construción deste vial con 2,8 km entre a LU-530 e a N-VI. Esta infraestrutura, que contará con dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre eles e importantes estruturas na execución do seu percorrido, afectará ás carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende. Preténdese pechar un cinto de circunvalación de Lugo que, en moitos casos, duplicará os actuais accesos cara ao hospital Lucus Augusti. O obxectivo é aprobar na primavera de 2023 o expediente de información pública e o proxecto de trazado, convocar no outono os actos expropiatorios, e ao tempo traballar no proxecto de construcción para, finalmente, proceder á licitación das obras da Rolda Leste.