O BNG leva ao Congreso o desacordo coa Confederación sobre as presas para o regadío de Cervantes

LugoXa
O BNG presenta iniciativas no Congreso para paralizar a destrución das presas dos prados de regadío en Cervantes
Néstor Rego   Deputado Congreso BNG
27 Abr 2023

O Bloque Nacionalista Galego trasladou ao Congreso dos Deputados, da man do seu deputado Néstor Rego, diferentes iniciativas para esixir ao goberno do Estado a que tome medidas na Confederación Hidrográfica do Cantábrico para paralizar a de destrución dos banzados ou presas de regadío dos prados.

Este sistema de regadío é o tradicional na zona, unha fórmula que boa parte das explotacións en extensivo de vacún que existen en Cervantes fan uso para obtención de pasto e insumos.

O candidato á alcaldía do BNG en Cervantes, Bernardo Valdês, declarou “unha parte siginificativa das 177 explotacións que existen en Cervantes van se ver afectadas directamente por esta medida, a que xa non só afecta ao modelo de gandaría que temos senón a perda dun sistema de gran riqueza patrimonial, xa que mantén a paisaxe agraria”.

Neste senso, Bernardo Valdês “desde o BNG estamos a traballar para que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico free este desleixo e ademais que informe á veciñanza das accións que quere desenvolver, é crucial atender as necesidades reais e non destruír o modo de vida de moitas persoas que habitan e traballan aquí”.

0.18615007400513