O BNG leva ao Parlamento a petición de apertura total do consultorio de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O BNG impulsa iniciativas no Parlamento galego para que abra de forma completa o consultorio de Castro de Rei
caminada centro saude castro de rei3
27 Oct 2022

O Bloque Nacionalista Galego trasladou ao Parlamento de Galiza da man da deputada Carme Aira o estado do consultorio da vila de Castro de Rei.

A través de diferentes iniciativas e preguntas, o BNG propón que este centro se abra con todos os servizos sanitarios como administrativos para contar co funcionamento pleno. Tras as últimas informacións, o consultorio só vai contar cun servizo de enfermaría dous días á semana, tendo ao centro nun sistema en precario e sen unha atención debida á veciñanza.

Ante isto, Carme Aira declarou “débese cumprir con todos os servizos no consultorio de Castro de Rei, non se pode consentir unha falsa apertura, si se procede á apertura debe contar polo menos cos servizos que estaban antes do peche”

Neste sentido, a deputada do BNG destacou que estes movementos por parte da Consellaría de Sanidade producíronse por mor das mobilizacións veciñais e que o BNG organizou, mais non garanten a asistencia sanitaria plena “a veciñanza ten que contar cos seus centros de referencia e co seu persoal sanitario e administrativo, non é viábel que abra baixo mínimos, debe contar coa cobertura total”

Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea

O BNG tamén presentou iniciativas solicitando ao Goberno da Xunta que se cubran as prazas do centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea, ás que aínda non se procedeu á súa reposición.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18308281898499