O BNG leva ao Parlamento Galego a crítica situación da sanidade pública na Fonsagrada

LugoXa
O BNG a través da deputada no Parlamento Galego, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada.
concentracion_a_fonsagrada_sanidade
15 Apr 2024

O BNG a través da deputada no Parlamento Galego, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada. A Sanidade Pública nestes concellos da montaña é máis necesaria que nunca, debido ao avellentamento poboacional e a dificultade que supón para as persoas maiores o desprazamento autónomo, e a perda de calidade de vida que están a sufrir debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo tal e como viñan tendo.

Olalla Rodil sinala “das cinco prazas que existen, unha está sen cubrir, concretamente a da persoa que se desprazaba dous días até Negueira para atender a veciñanza deste concello e outra persoa xubilouse sen ser substituída”, esta situación repercute directamente na situación do PAC pois supón unha merma na calidade asistencial de dous concellos de montaña e dunha zona xeográfica moi extensa na que as distancias se multiplican por razóns orográficas.

Cómpre lembrar que a sanidade pública, e concretamente a Atención Primaria, está “directamente relacionada coa esperanza e a calidade de vida da poboación, así mesmo, é un dereito fundamental da poboación o acceso a ela nas mellores condicións e, sobre todo, de maneira próxima” lembrou Rodil. A deputada afirmou que a Xunta “pretende reducir a atención no centro nun proceso de desmantelamento da sanidade pública", e engadiu "a veciñanza ten que poder asistir ao seu médico todos os días".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11752510070801