O BNG organiza en Monterroso unha charla sobre os eólicos Vacaloura

LugoXa
O BNG en Monterroso convoca unha charla sobre o parque eólico Vacaloura, na que intervirá o consultor enerxético Xosé Manuel Golpe
charla eolicos
19 Maio 2022

O BNG organiza para mañá en Monterroso unha charla informativa sobre os impactos e afeccións da construción do parque eólico Vacaloura. A charla arrancará ás 19.30 horas na sala de reunións do espazo cultural Lorenzo Varela da localidade monterrosina.

Contará coas intervencións de Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso e o consultor enerxético Xosé Manuel Golpe.

O BNG en Monterroso anima á veciñanza a participar nesta palestra na que se poderá contar cunha visión experta na materia sobre como funciona o modelo eólico actual e como lle pode afectar á veciñanza a construción desta infraestrutura.

Dentro da campaña Nin espolio, nin depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega!, o Bloque desenvolve actos informativos para que a veciñanza afectada conte con coñecementos sobre as implicacións e os custos que posúe a construción dun parque eólico. De igual xeito, dar a coñecer o actual sistema legal e administrativo para a súa promoción e explotación.

0.20113110542297