O BNG pide á Xunta solucionar as deficiencias na sala de espera das urxencias pediátricas do HULA

LugoXa
O BNG pide á Xunta solucionar as deficiencias que están a suceder na sala de espera das urxencias pediátricas do HULA
hula hospital lugo
13 Dec 2022

O Bloque Nacionalista Galego traslada ao Parlamento de Galiza as circusntancias polas que están a pasar as nenas e nenos e as súas famílias na espera das urxencias pediátricas do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento explicou “as crianzas e a súas familias non dispoñen dunha sala de espera tendo que agardar a seren atendidas no corredor, no non se dispoñen de suficientes cadeiras, tendo incluso que estar no chan na espera e sen calefacción”.

Neste senso, a deputada anunciou “desde o BNG instamos de forma urxente ao Goberno galego a que adopte un espazo acondicionada como sala ou as medidas necesarias para que as nenas e nenos e as súas familias conten cun espazo minímamente cómodo”.

Olalla Rodil subliñou “non é de recibo que as nenas e nenos estean esperando de pé e pasando frío, por isto o BNG impulsa iniciativas con carácter urxente para pór fin a esta situación”

0.13460206985474