O BNG pide que a residencia da Fundación Amancio Ortega de Lugo sexa pública

LugoXa
A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira demanda á Xunta de Galiza “que non só sexa pública a xestión da Residencia de anciáns que a Xunta de Galiza ten previsto abrir no barrio da Residencia da cidade de Lugo, senón que tamén o sexa a dotación de material e a contratación de persoal”.
residencia fundacion amancio ortega maiores
14 sep 2023

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira demanda á Xunta de Galiza “que non só sexa pública a xestión da Residencia de anciáns que a Xunta de Galiza ten previsto abrir no barrio da Residencia da cidade de Lugo, senón que tamén o sexa a dotación de material e a contratación de persoal”.

Este goberno da Xunta leva 14 sen crear unha soa Residencia de anciáns Pública e agora as 7 que hai previstas no país son a conta da Fundación Amancio Ortega que se encarga da promoción e construción das mesmas. O óptimo sería que tivera sido o goberno galego o que se fixera cargo da construción das mesmas, pero aínda así debemos considerar esta apertura unha boa nova para Lugo.

No BNG non temos dúbida de que estas 120 prazas veñen satisfacer as necesidades que a poboación maior poida ter nunha provincia tan envellecida como a nosa pero non pode ser o único que sexa público.

Por isto defendemos un modelo de coidados máis humanizado, máis persoal no que a xestión debe ser 100% pública en tódalas residencias que a fundación de Ortega está construíndo no país. Isto, por suposto, leva aparellado a contratación de persoal por parte da Consellería de Servizos Sociais segundo criterios de igualdade, mérito e capacidade, tal e como vén sucedendo na Residencia Pública das Gándaras.

Unha vez que a construción da mesma é privada requirímoslle á Xunta que a súa xestión e o seu persoal sexan públicos. “Nin a caridade, nin o negocio pode estar por diante do único que garante o dereito a unha vellez digna que é un sistema público de atención social”, reiterou a deputada.

0.15893983840942