O BNG pide que Correos que abra unha oficina de atención ao público no polígono das Gándaras

LugoXa
O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, explicou que o BNG recolle "a proposta que xa foi trasladada en múltiples ocasións pola CIG-Correos á empresa pública"
Rubén-Arroxo-coa-CIG
22 Nov 2024

O BNG de Lugo presentou unha proposición ao vindeiro pleno municipal para reclamar a Correos que abra unha oficina de atención ao público no novo Centro Loxístico aberto no Parque Empresarial das Gándaras.

O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, explicou que o BNG recolle "a proposta que xa foi trasladada en múltiples ocasións pola CIG-Correos á empresa pública, e que permitiría mellorar a calidade dun servizo público como o postal".

O novo centro de Correos, que conta cunha superficie de 3.250 metros cadrados, leva en funcionamento desde o pasado 21 de outubro concentrando a todas as unidades de reparto da empresa pública para a cidade de Lugo, incluíndo ás unidades de reparto da zona rural, paquetería de gran tamaño e notificacións.

"Non contar cunha oficina de Atención ao Público merma a calidade do servizo prestado por Correos, ao contar os parques empresariais do Ceao e As Gándaras con centos de traballadores e empresas que poderían recibir atención nesta localización, aumentando potencialmente a carteira de clientes de Correos, sendo moitas as empresas de ambos parques empresariais as que traballan con esta empresa", sostén Arroxo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16808199882507