O BNG pide que non se deixe sen fisioterapeuta os municipios de Taboada, Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla

LugoXa | RibeiraSacraXa
A escola municipal de música de Monterroso ten aberto o prazo de inscrición no que contan cun amplo abano de clases.
Monterroso Carme Aira
16 sep 2023

O BNG demanda á Xunta de Galicia que non deixe sen fisioterapeuta ás localidades de Taboada, Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.

Tras unha xuntanza con concelleiros e usuarias de festa especialidade das localidades afectadas, a deputada nacionalista no Parlamento Galego, Carme Aira presenta unha bateria de preguntas no Parlamento Galego sobre a situación da praza de fisioterapia no Centro de Saúde de Monterroso, centro que conta cunha praza de Fisioterapia en quenda de mañá para asistir a unhas 10.000 TIS, do propio Monterroso, e dos concellos de Palas de Rei, Taboada e Antas.

Carme Aira manifesta que “neste momento esa praza estase a cubrir con persoal de reforzo ou acúmulo de tarefas” algo que supón que o número de días máximo que pode durar este vínculo é de 180 días no prazo de 365, pero pode ser moi inferior, incluso de 1 día.

“Esto incide moi negativamente na calidade asistencial á poboación destes concellos xerando listas de espera de 2 ou mais anos” afirma a deputada, o que na práctica supón para unha parte importante da poboación non contar con fisioterapia na sanidade pública, xa que as persoas que non teñen necesidades músculo-esqueléticas prioritarias quedan no fondo da lista probablemente anos, ou incluso para sempre.

Son os propios profesionais os que por moito que se dediquen a atender á poboación sen perda de tempo algún non son capaces por moito que o intenten de sacar adiante ás persoas que están en lista de espera. A poboación do interior da provincia de Lugo ten unha elevada media de idade o que leva aparellado un incremento das necesidades de atención fisioterapéutica, o feito de non tela prexudica gravemente a esta poboación, agrava patoloxías e fomenta o sofremento da poboación.

Todo isto vén dado por “unha falta de planificación do SERGAS e pola política de recortes que o goberno da Xunta leva anos facendo” reiterou a deputada

0.21293807029724