O BNG presenta alegacións na Xunta ante o proxecto da Rolda Leste
O BNG presetou as alegacións que rexistrará en contra do proxecto da Rolda Leste. Arroxo anunciou que o BNG presenta “unha serie de alegacións que poñen de maneifesto que o proxecto que a Xunta está a levar adiante non pode continuar”, e afirmou que “desde o BNG defenderemos a protección do Parque do Rato, e seguimos reclamando ao Goberno Galego que garanta a protección desta zona verde”.
Desde o BNG reclámase que o investimento previsto para a Rolda Leste se adique a recuperar o barrio da Tinería, Arroxo "trasladando o orzamento que gardan para a rolda Leste neste ano, o barrio da Tinería poderá avanzar e poñerse ao nivel que merece como zona histórica da cidade ".
As alegacións do BNG vén inviable a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto, que data do ano 2005, e que debería ser anulada debido aos cambios producidos na lexislación, dado que as obras non foron iniciadas nos seis anos seguintes á publicación da Lei 21/2013. “A presente DIA non debería ser admitida por estar fóra do prazo de 5 anos recoñecido pola lei, argumentar que se trata dunha obra xa iniciada sería burlarse da propia lei”, afirmou Rubén Arroxo. O BNG argumenta que o proxecto presenta cambios substanciais na construcción de parte das estruturas, e non se cinxe ao espazo reservado no PXOM, o que faría nula a Declaración de Impacto Ambiental de 2005.
O BNG reclama tamén unha maior protección do trazado afectado na Vía Künig, onde o propio proxecto recoñece unha afectación de 68 metros, recoñecemento que, segundo o BNG, “fai que sexa convinte acelerar o estudo da vía coa fin de non causar prexuízos que sexan irreparables a longo prazo”.
No referente ao tráfico, o propio estudo incluído no proxecto recoñece que o nivel agardado pode ser absorbido polas vías existentes, “o que converte en inútil eliminar ese terreo do paseo do Rato, un espazo verde envexable para moitas cidades”, sentenciou Rubén Arroxo.