O BNG presenta as queixas veciñais polo mal estado dos colectores en San Martín de Guillar

LugoXa | TerraChaXa
As críticas esténdense tamén ao estado das vías municipais, con especial atención ás beirarrúas, que presentan un evidente abandono
lixo-san-martin-de-guillar-outeiro-bng
2 Jun 2025

O BNG de Outeiro de Rei leva varios días recollendo queixas e peticións de actuación por parte da veciñanza da parroquia de San Martiño de Guillar. As denuncias céntranse, principalmente, no mal estado dos colectores de lixo, tanto polo seu deterioro como pola falta de limpeza nas zonas exteriores. Ademais, sinalan que nalgúns casos os residuos permanecen varios días sen seren recollidos.

As críticas esténdense tamén ao estado das vías municipais, con especial atención ás beirarrúas, que presentan un evidente abandono e precisan tarefas urxentes de roza e mantemento.

Desde a formación nacionalista aseguran que continuarán recompilando información sobre a situación e que esixirán ao equipo de goberno que cumpra coas súas obrigas e atenda axeitadamente as necesidades de toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.18389201164246