O BNG presenta en Lugo as alternativas para facer fronte á subida de prezos

LugoXa
O BNG presenta en Lugo as propostas dentro da campaña Fagamos Valer Galicia, contra a crise de prezos, hai alternativas
Reunion BNG
30 Nov 2022

O Bloque Nacionalista Galego presentou cun acto público no centro de conviviencia Uxío Novoneyra de Lugo as alternativas políticas para pór freo ao empobrecemento do pobo galego por mor da inflación e a suba xeralizada de prezos.

Algunha das medidas que se amosaron son: incrementar a presión fiscal ás grandes empresas e patrimonio coa persecución da fraude fiscal, o impulso á mocidade, ás PEME’s, a intervención no mercado eléctrico e o da vivenda, entre outras medidas, as que teñen por obxectivo dotar a Galiza dunha alternativa á política de austeridade e os recortes do Partido Popular.

Este acto enmácase dentro da campaña Fagamos Valer Galicia, contra a crise de prezos, hai alternativas que concluirá o vindeiro 18 de decembro cunha manifestación nacional en Compostela para reclamar precisamente medidas que posibiliten unha saída xusta e digna a esta crise.

Contou coa participación de Ada Blanco, integrante de Galiza Nova; Rubén Arroxo, tenente alcalde de Lugo e candidato do BNG á alcaldía de Lugo; Rubén Cela, integrante da executiva nacional do BNG e Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego.

Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego declarou “é o momento de salvar ás maiorías sociais, non á banca, ás eléctricas ou ás grandes fortunas”, ao que tamén, a deputada descatou a inoperancia dos gobernos “o Partido Popular á fronte da Xunta como o PSOE no Goberno do Estado continúan paralizados, por isto desde o BNG damos pasos para pór en riba da mesa alternativas que sopoñan un cambio estrutural da nosa economía e que poña fin que as crises as paguen as de sempre”

Neste sentido, Rodil salientou a necesidade de responder ao contexto socioeconómico “hai que actuar con urxencia a favor da xente, temos os salarios dos máis baixos e as segundas pensións máis baixas do Estado, e isto nun cotexto de inflación é insoportable”

Por todo isto, a deputada nacionalista animou a mobilizarse co BNG este 18 de decembro en Compostela “ante este roubo ás familias e ás pequenas e medianas empresas temos sumar para facer fronte a esta crise, anímovos á mobilización nacional do BNG”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19475197792053