O BNG presenta un proxecto "capaz para construír un Corgo dinámico, vivo e con futuro”
O Bloque Nacionalista Galego celebrou no Corgo un acto público aberto no que se deu a coñecer as propostas e as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais do 28 de maio.
Neste encontro xunto coa veciñanza interviñeron a candidata á alcaldía do Corgo, Pilar Bellón, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Pablo Abuín, número dous da candidatura e Olalla Rodil e integrantes da candidatura.
Pilar Bellón declarou “estamos convencidos do potencial, as capacidades e o talento que existe no Corgo, onde a veciñanza é a correa de transmisión que nos fai mover as nosas políticas, por isto, este 28 de maio o BNG é o único proxecto capaz de construír un Corgo dinámico, vivo e con futuro”
De igual modo, a candidata nacionalista á alcaldía do Corgo salientou “somos un equipo que traballa unido, coa vontade de defender a nosa cultura, o deporte base, o sector agro-gandeiro, o comercio local, a hostalaría, en definitiva, a quen xera e crea oportunidades e dinamismo no noso concello, e con esta base lideraremos un goberno municipal para poñer O Corgo onde merece estar“
“Este 28 de maio é momento de avanzar co Bloque Nacionalista Galego na alcaldía do Corgo, porque temos que construír un novo concello para fixar poboación, con oportunidades e poñer en pleno funcionamento as capacidades do Corgo”, concluíu a Pilar Bellón.